Escoitar

O goberno local inicia en dúas semanas un lote de melloras por máis de 3 millóns de euros

Segundo informou o alcalde, a próxima semana comezarán as obras do acceso a Navia desde a VG-20, da escola infantil do nomeado barrio e humanizacións en Hispanidade, Ferreiros e en distintas parroquias. En 15 días será o turno do Centro Galego de Fotografía, Marqués de Valterra, Jenaro de la Fuente e as escaleiras mecánicas desde a Porta do Sol.

venres, 7 feb 2014
1391777113AC.jpg
Abel Caballero informou da aprobación en Xunta de Goberno Local, celebrada este venres, dos plans de seguridade e saúde e o nomeamento da dirección facultativa das obras do novo acceso a Navia desde a VG-20, dunha escola infantil neste mesmo barrio, das humanizacións da Avda Hispanidade (entre Gran Vía e Zamora) e da rúa Ferreiros, e de mellora de infraestruturas en San Andrés, Coruxo, Saiáns, Beade, Lavadores, Castrelos, Valladares, Sárdoma, Candeán, Cabral, Sampaio e Zamáns. Todas estas actuacións suman un investimento de 1,9 millóns de euros e darán comezo ao longo da próxima semana.

Os traballos da segunda fase do Centro Galego de Fotografía recibiron igualmente a aprobación do Concello do plan de seguridade e saúde e darán comezo ao longo das dúas próximas semanas, tal e como avanzou Caballero. Nos vindeiros 15 días arrancarán obras en Marqués de Valterra, Jenaro de la Fuente e da primeira fase das escaleiras mecánicas da rúa Segunda República. En total, o Concello adicará máis de 3 millóns de euros en obras que iniciará en dúas semanas.
Descargar todas as imaxes