Escoitar

O alcalde avanza que en 10 días a familia desafiuzada de Pizarro accederá á vivenda municipal de Anduriña

A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe venres o realoxo temporal e urxente dunha familia desafiuzada dunha vivenda da rúa Pizarro que en dez días poderá ocupar nun inmoble municipal situado na rúa Anduriña. O alcalde amosou a "vocación" do goberno local de actuar cada vez que se produza unha situación similar nesta cidade.

venres, 7 feb 2014
A familia desafiuzada da rúa Pizarro disporá da vivenda municipal da rúa Anduriña en dez días, logo de que a Xerencia de Urbanismo aprobara esta mañá o seu realoxo temporal e urxente. En rolda de prensa, o rexedor reiterou a "vontade" do goberno local de actuar cada vez que haxa un desafiuzamento na cidade e "botou de menos" á Xunta e a Deputación "que asisten impasibles" a este tipo de situacións.

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se aprobou o desestimento do convenio urbanístico do planeamento para a ordenación da parcela coñecida como Castro-Castriño, en Tomás Alonso, 207. Tal e como explicou o alcalde, os propietarios asinaron un convenio antes de que se aprobara o PXOM, documento que tiña que ser ratificado unha vez aprobado o Plan Xeral. Cumpridos os prazos de tempo asumbiles e dado que os propietarios non ratificaron o acordo, o Concello da por desestimado o convenio. Neste punto, acordouse iniciar o procedemento para a redacción e informe dunha modificación puntual do ámbito, que se levará ao Pleno, para equilibrar cargas e beneficios.

Tamén se concederon dez licenzas de obra e 6 de actividade para un investimento todal de 902.506 euros.