venres, 28 xuñ 2013
O alcalde deu conta hoxe venres da aprobación da convocatoria de selección e contratación de 122 desempregados mediante a segunda fase do VigoEmprega, parte do Plan de Emprego do Concello. Outros 101 traballadores procedentes do Servizo Galego de Contratación xa foron contratados na primeira fase do programa.
xoves, 20 xuñ 2013
O alcalde deu conta hoxe xoves dun convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos que permitirá a contratación de sete persoas durante sete meses. A subvención é de 50.000 euros e está incluida no Plan de Emprego 2013.
martes, 18 xuñ 2013
O alcalde trasladou este martes aos sindicatos a súa "enorme preocupación" pola posibilidade de que Europa obrigue á devolución de parte dos beneficios fiscais recibidos polo naval vigués en virtude do anterior tax lease. Caballero esixíu unha marcha común en Bruxelas contra unha decisión que podería ser "fatal".
luns, 17 xuñ 2013
O alcalde de Vigo fixo entrega este luns dos diplomas acreditativos dos cursos realizados por 120 participantes do obradoiro municipal de emprego "Vigo Laborando", dos que 61 persoas asinaron un contrato de traballo. Este programa vai dirixido a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral dos desempregados.
venres, 14 xuñ 2013
O alcalde anunciou este venres a adxudicación por concurso público de 1.325.000 euros do Plan de Emprego do Concello deste ano, que permitirá que 57 entidades beneficiarias poidan contratar entre 250 e 300 persoas. O total de postos de traballo creados co Plan de Emprego municipal podería rondar os 600.
xoves, 13 xuñ 2013
Abel Caballero resaltou hoxe a Vigo como "a gran capital centro dun territorio de 6 millóns de habitantes, entre A Coruña e Oporto. Tal e como dixo en rolda de prensa, a Xunta de Galicia debería ter en conta que "a competencia ao aeroporto do norte de Portugal hai que facela desde esta cidade".
xoves, 6 xuñ 2013
O alcalde fixo entrega este xoves dos diplomas acreditativos da formación e contratación a 103 persoas pola Federación Provincial de Hostelería, cos 150.000 euros aportados polo Concello para emprego. Abel Caballero subliñou que, aproximadamente, o 70% dos participantes teñen hoxe un posto de traballo.
venres, 24 mai 2013
Abel Caballero amosou este venres a súa "gran satisfacción" polas contratacións realizadas pola factoría de Balaídos para reforzar o seu turno de noite, e recordou que o Concello de Vigo e PSA asinaron este ano un convenio de colaboración que permitiu a contratación de 55 persoas, dentro do Plan de Emprego municipal.
luns, 20 mai 2013
Segundo informou este luns o alcalde, o goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas, un total de 50.000 euros para subvencionar -cun máximo de 2.500 euros por empresa- parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento dunha compañía.
luns, 8 abr 2013
Na última sesión da Xunta de Goberno Local, e como parte do Plan Municipal de Emprego, o alcalde de Vigo deu conta hoxe luns da aprobación dun total de 42.000 euros para "axudas municipais á creación de empresas". Caballero estimou en 3.800 os empregos creados pola acción do Concello o pasado ano.