Escoitar

Caballero sinala Vigo como o eixo da vertebración do territorio que une A Coruña e Oporto

Abel Caballero resaltou hoxe a Vigo como "a gran capital centro dun territorio de 6 millóns de habitantes, entre A Coruña e Oporto. Tal e como dixo en rolda de prensa, a Xunta de Galicia debería ter en conta que "a competencia ao aeroporto do norte de Portugal hai que facela desde esta cidade".

xoves, 13 xuñ 2013
1371128751vecinos.JPG
O rexedor sinalou hoxe xoves a importancia de Vigo como eixo da vertebración do territorio que une A Coruña e Vigo, unha área con seis millósn de habitantes. Cun papel "centralizador e nuclear" que constata, engadiu, a necesidade de que a Xunta se decate de que "a competencia ao aeroporto do norte de Portugal hai que facela desde esta cidade".

Abel Caballero proseguiu hoxe a súa rolda de contactos para intercambiar opinións coa cidade sobre a situación de Peinador e esta mañá reuniuse coas asociacións de veciños de A Miñoca, Sampaio, Calvario, San Xoán Poulo e Monte da Mina. Logo de avanzar que esta tarde recibirá á Plataforma pola defensa da Sanidade Pública, o alcalde ratificou o apoio destes representantes veciñais á concentración do día 19 de xuño que "vai ser masiva". Explicou que xa mantivo encontros con medio centenar de colectivos e, excepto a CIG "que amosou dúbidas, todos os demais nos transmitiron o seu apoio na defensa do aeroporto".

Rematou reiterando que a partir do día 19, "cando falará a cidade" presentará ao Pleno unha proposta concreta para Peinador, que incluirá aportacións da Xunta e da Deputación.

Descargar todas as imaxes