mércores, 12 xuñ 2013
O próximo 11 de xullo rematará o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. Abel Caballero reiterou que o obxectivo do goberno local é realoxar temporalmente a familias viguesas durante dous anos, sen ter que pagar aluguer.
mércores, 12 xuñ 2013
Caballero informou este mércores que a vixiancia en dez praias de Vigo se inicia o 15 de xuño con 120 profesionais. O alcalde, quen asinou este mércores un convenio coa Cruz Vermella, salientou que a calidade do dispositivo, a diferencia doutras cidades que recortaron orzamento.
mércores, 12 xuñ 2013
Abel Caballero recibiu este mércores de man de Luis Davila o cadro realizado polo artista no marco dunhas xornadas divulgativas -organizadas en Vigo por EcoVidrio- sobre a reciclaxe de vidro. Os máis pequenos poideron interactuar con Davila durante a creación desta pintura.
mércores, 12 xuñ 2013
Hoxe mércores, 12 de xuño, ás 20:00 h, ten lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a inauguración de AFINIDADES SELECTIVAS 6, froito do convenio de colaboración asinado entre a concellería de Cultura e Festas e a Universidade de Vigo. Trátase dunha exposición colectiva, comisariada por Almudena Fernández Fariña, de Berta Cáccamo + Mar Vicente; Chelo Matesanz + Natalia Umpierrez; X. M. Buxán + Alex Mene eYolanda Herranz + Basilisa Fiestras<br />
mércores, 12 xuñ 2013
A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar un obradoiro de verán de creación teatral dende o día 1 de xullo ó 5 de xullo, nas instalacións da EMT, na Avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.