O Concello de Vigo aumentou as súas aportacións a comedores sociais preto dun 300% desde 2011
O alcalde resaltou hoxe martes o incremento de case un 300% das achegas municipais a comedores sociais desde hai dos anos. Concretamente, o Concello pasou de aportar 75.000 euros en 2011 a 223.000 euros este ano.
Os comedores sociais de Vigo reciben este ano 223.000 euros das arcas municipais, o que supón incremento de case o 300% respecto a 2011. Tal e como detallou o rexedor, a achega aos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres pasou de 22.060 a 57.000 euros, no caso de Vida Digna, hoxe asinouse o convenio, a subvención aumentou desde os 5.000 ata os 45.000 euros, o que supón, matizou, un incremento do 900%; no caso do Banco de Alimentos, a cuantía tamén subiu desde os 5.000 aos 45.000 euros, outra suba do 860%. O Comedor da Esperanza recibe 23.000 euros, mentres que Afán, pasou de percibir 20.000 en 2011 a 55.000 este ano.
Neste caso, o rexedor aclarou que Afan recibiu a metade desta achega o 25 de abril, ao poco tempo de asinar o convenio, e avanzou que están a piques de recibir o resto. Caballero aproveitou a súa intervención para recordar que son a Xunta e a Deputación as administracións que non están a cumprir os seus compromisos con esta entidade social.
Bono taxi
O rexedor deu conta da concesión de 25.000 euros en subvencións de bono taxis para 83 usuarios. Deste xeito, dixo, o Concello proporciona un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade.
Caballero avanzou tamén a aprobación, na última sesión de Xunta de Goberno Lccal, dun convenio de colaboración entre o Concello e Apamp para o desenvolvemento dun Programa de Dinamización Infantil, contretado nunha ludoteca por un importe de 20.000 euros. Apamp é a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.
Descargar todas as imaxes