xoves, 13 xuñ 2013
A última película do director vigués Juan Pinzás estrénase mañá venres nos cines Gran Vía, unha boa oportunidade para "sentirnos orgullosos dun vigués que presenta as súas obras na súa cidade natal", dixo o alcalde. O director detallou características da que é o seu oitovo filme, ao tempo que o rexedor destacaba a súa capacidade artística e creativa.
xoves, 13 xuñ 2013
Caballero invitou este xoves á cidadanía a encher mañá o Pavillón das Travesas e apoiar ao Real Club Celta na consecución do pase á final da Liga de Fútbol Indoor. O encontro, ás 21 horas, medirá aos de Moncho Carnero contra o Oporto, equipo contra o que xa se enfrontou na fase de grupos, con derrota para os de Vigo.
xoves, 13 xuñ 2013
Abel Caballero acompañou hoxe xoves ao seu homólogo de Oporto na presentación da edición 2013 do circuito Boavista de Portugal, que contará coa participación de quince pilotos españois. O evento terá lugar durante dous fins de semana do mes de xuño en Oporto.
xoves, 13 xuñ 2013
O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa décimo novena edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 6 e o 11 de agosto. O festival inclúese na programación das Festas do Verán.