Escoitar

Obradoiro de verán da Escola Municipal de teatro

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar un obradoiro de verán de creación teatral dende o día 1 de xullo ó 5 de xullo, nas instalacións da EMT, na Avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.

mércores, 12 xuñ 2013
1371037330teatral.jpg
É un curso con carácter teórico e práctico destinado a toda persoa interesada na arte escénica: directores, actores, bailaríns e afeccionados deste campo.

O curso consiste na creación de pequenas escenas a partir dunha idea concreta ata a posta en escena da mesma ó finalizar o obradoiro. Traballarase sobre unha partitura que de lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo. O traballo afronta a complexidade e a problemática da creación teatral, na presenza do actor no escenario, do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo e, o uso das emocións, intencións, contradicións e o subtexto.

O punto de partida será una serie de obras pictóricas con temática teatral dunha das grandes figuras da creación artística de Galicia: Eugenio Fernández Granell.

Este obradoiro é un estudo sobre a importancia da interdisciplina para a creación teatral. Neste caso vincularase directamente as artes plásticas que será o punto de partida do traballo.

FICHA TÉCNICA:OBRADOIRO DE CREACIÓN TEATRAL

- Duración: 20 horas
- Datas de celebración: Inicio 1 de xullo- Finalización 5 de xullo
- Lugar: Escola Municipal de Teatro
- Dirección: Avenida de Castelao, nº 87 (interior). 36209 Vigo
- Hora: De 17:00 a 21:00 horas

- Perfil del alumnado: Directores/as teatrales, actores, actrices, bailarins/as e persoas interesadas na pedagoxía teatral maiores de 16 anos, empadroados en Vigo

- Mestre: Leonel García Laborde
- Teléfono de contacto: 986 485324

Preinscricións:
· Presencial: Escola Municipal de Teatro de Vigo. Avenida de Castelao nº 87 (interior)
· Formulario descargable e editable na páxina web da Escola Municipal de Teatro http://hoxe.vigo.org/emt

- Horario de preinscrición: De luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas
- Prazos de preinscrición:
Preinscricións: do 10 de xuño ó 25 de xuño
Publicación de admitidos: 26 de xuño
Formalización de matrícula: 27 e 28 de xuño

- Nº de prazas ofertadas:
O número mínimo para a formación do grupo será de 8 prazas

En caso de que a demanda excedera da oferta de prazas faríase un sorteo público o 26 de xuño ás 10:00 horas da mañá, nas instalacións da Escola Municipal de Teatro

- Prezo: 47,60 euros

Escola Municipal de Teatro: Avda. de Castelao, nº87 (interior). 36209 Vigo. Teléfono e fax: 986485324. E-mail: em.teatro@vigo.org
Descargar todas as imaxes