martes, 11 xuño 2013

Prazas dispoñibles ós Ancares do programa Camiño a Camiño

martes, 11 xuñ 2013

Debido ao número de vacantes que aínda quedan para a saída de Ancares para familias , póñense a disposición de todos os públicos as prazas vacantes.Nesta quenda(15-16 xuño) trátase dunha ruta de intensidade media, debido a que irán familias con menores.Podedes chamar ao 010 e 986810260. O prazo para formalizar a inscrición e efectuar o anticipo de 15€ (na Casa da Xuventude) será ata o martes pola tarde.

Actividades de fin de curso das Escolas Municipais de Música e Artes

martes, 11 xuñ 2013

O A Concellería de Educación oferta actividades no ámbito da música e das artes escénicas mediante o desenvolvemento da programación educativa anual das súas escolas municipais (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música tradicional e folk -E-TRAD-, Escola municipal de teatro -EMT-, Escola municipal de danza -EMD-).Unha vez rematado o presente curso 2012-2013, presentan agora o froito das súas ensinanzas coa celebración de concertos e actuacións abertas para toda a cidadanía.A programación dos respectivos Festivais Fin de Curso é a seguinte:<br />