Escoitar

Presentación do libro "Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana"

No Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo preséntase o martes , 11 de xuño ás 19.00 horas, a presentación do libro "Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana" de Aurora Marco (ed.) No mesmo acto terá lugar a proxección do vídeo "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de Pablo Ces.<br /> <br />

luns, 10 xuñ 2013
1370862552teresa.jpg
"Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Que pracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que me arrebataron os "salvadores de España", criminais, o que fixeron de
min". Así se expresaba Mª Teresa Alvajar en carta á editora destas memorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa que segue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas
rúas coruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para a xanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois desta viaxe arelada, esperta cansa e atristurada.

Con María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana recupérase máis unha voz da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia. Un relato, en edición de Aurora Marco, que vén enriquecer o conxunto de textos memorialísticos de autoría feminina publicados no últimos anos. Unha historia de desarraigo violento, duro, adobiado de estrañeza, soidade, incerteza e de penurias na procura da supervivencia. Unhas memorias que non van deixar indiferente a ninguén..
Descargar todas as imaxes