A Xerencia de Urbanismo acollerá alumnos de Telecomunicacións en prácticas
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde a un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. Este acordo permitirá a estudantes de Inxeñeiría de Telecomunicacións facer prácticas no departamento municipal de Urbanismo
Abel Caballero deu conta hoxe venres dun convenio coa Universidade de Vigo para que alumnos de telecomunicacións fagan prácticas na Xerencia de Urbanismo. Tal e ocmo explicou, serán alumnos de Telecomunicacións que colaborarán no desenvolvemento e na mellora das diferentes ferramentas informáticas que integran a administración electrónica.
Na sesión da Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se aprobaron axudas á rehabilitación por 116.000 euros para un investimento total de 265.000 euros en 2 edficios e 5 vivendas do Casco Vello. A súa vez, tamén se concederon 22 licenzas de obras e 5 de actividade para un investimento superior aos 2 millóns de euros.
O rexedor engadiu a toma de coñecemento por parte dos membros da Xerencia dunha setenza favorable ao PXOM que desestima un recurso da Asociación Alternativa Veciñal. Segundo aclarou, xa son máis de 75 as decisións xudiciais que avalan o PXOM e "estamos encantados con que por fin haxa garantías e seguridade xurídica".