Os traballadores de AENA e os hoteis apoian a concentración en defensa do aeroporto convocada polo alcalde
Abel Caballero mantivo este venres sendas reunións co Comité de Empresa de AENA e coa Asociación de Hoteis de Vigo (Ahosvi), colectivos que respaldaron a mobilización promovida polo alcalde en defensa do aeroporto de Vigo, tal e como informou posteriormente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantuvo un encontro co Comité de Empresa de AENA e cos responsables de Ahosvi para abordar a situación na que se atopa Peinador, reunións nas que os colectivos amosaron "apoio total e absoluto" á defensa do aeroporto é á concentración convocada polo alcalde para o próximo 19 de xuño, segundo informou o mesmo Caballero.
Indicou o rexedor que os traballadores de AENA teñen un "enorme empeño en sacar adiante o aeroporto" e respaldaron que Peinador compita en igualdade de condicións cos aeroportos galegos e do norte de Portugal, todos subvencionados por institucións públicas. O Comité, asegurou Caballero, apoia a mobilización e a "estratexia" municipal de apoiar compañías en Vigo mentres así aconteza nos aeroportos do entorno.
A Asociación de Hoteis de Vigo tamén amosaron o seu "apoio incondicional" á postura do alcalde sobre Peinador e ven "fundamental" recuperar para a terminal viguesa frecuencias e rutas. A situación actual está a causar un "dano significativo" ao sector vigués xa que sitúa en "inferioridade de condicións" cos hoteis das restantes cidades con aeroportos subvencionados.