Escoitar

O Concello aforrará 632.000 euros co novo contrato do servizo de comunicacións

A Xunta de Goberno local adxudicou o procedemento aberto para a contratación do servizo integral de comunicacións do Concello a Telefónica. Cun importe de 1.570.314 euros, inclúe, entre outros, telefonía fixa, móvil, transmisión de datos e suporá un aforro de 632.000 en catro anos.

venres, 7 xuñ 2013
O Concello de Vigo pagará menos polo servizo integral de comunicacións. A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe venres a Telefónica a telefonía fixa e móvil, os servizos de conexión de datos en dependencias municipais e movilidade, ademais dos accesos corporativos a internet. O importe, de 1.570.314 euros, supón unha baixa do 15% sobre a licitación e o contrato é de catro anos prorrogables outros dous. Tal e como explicou o rexedor, as arcas municipais aforrarán en catro anos 632.000 euros, o que supón que resulta un 25% máis barata que adxudicacións anteriores.

O rexedor tamén deu conta da adxudicación do procedemento negociado con publicidade para a contratación do Proxecto de reparación e mantemento do entorno da Igrexa de Zamáns. As obras se elevarán a 212.235,33 euros e, segundo o rexedor, teñen o acordo xeral de todos os veciños da parroquia.