luns, 3 xuñ 2013
O Concello de Vigo xa ten as chaves do Pazo Raposeira que, pasa deste xeito, a ser patrimonio municipal. O alcalde apuntou en rolda de prensa que esta edificación data do século XVII e está ubicado en San Pedro de Sárdoma.
luns, 3 xuñ 2013
O alcalde ofrece "toda a cooperación municipal posible" aos responsables da recién creada Asociación Antidesafiuzamentos Vigo porque "votábamos de menos un colectivo así na cidade", que nace, engadiu, para apoiar a todas as persoas vítimas dun alzamento da súa vivenda.
luns, 3 xuñ 2013
Abel Caballero e Luis Espada presentaron hoxe luns o novo traballo do Valedor do Cidadá, titulado "Hábitos de Consumo. Perspectiva comparada e estudo específico no municipio de Vigo". Hai seis anos, o nivel de concienciación ambiental era do 33,1% polo 65,8% actual, sendo superior o incremento nas mulleres que nos homes.
luns, 3 xuñ 2013
O alcalde, Abel Caballero, participou este luns na rolda de presentación da oitava edición desta iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, representado polo seu secretario, Daniel González. A proposta procura un intercambio de coñecementos con Cabo Verde e Nicaragua. Vigo é o concello que máis cartos achega ao Fondo.
luns, 3 xuñ 2013
O alcalde de Vigo instou hoxe á Autoridade Portuaria a que coopere co Club Náutico de Vigo na procura dun proxecto de viabilidade para a entidade deportiva. Así o dixo logo de manter un encontro coa presidenta, Bibiana García e parte da xunta directiva.
luns, 3 xuñ 2013
A Bilioteca Pública Central de Vigo (R/ Joaquín Yáñez 6), co obxecto de facilitar o estudo e o uso das instalacións públicas, ampliará o horario de apertura da súa Sala de Lectura desde venres 7 ao domingo 30 de xuño, ambos inclusive.