Escoitar

O rexedor defende a labor do Náutico de Vigo en favor do deporte base de vela

O alcalde de Vigo instou hoxe á Autoridade Portuaria a que coopere co Club Náutico de Vigo na procura dun proxecto de viabilidade para a entidade deportiva. Así o dixo logo de manter un encontro coa presidenta, Bibiana García e parte da xunta directiva.

luns, 3 xuñ 2013
1370273274nautico.JPG
Abel Caballero mantivo hoxe luns unha reunión coa presidenta do Club Náutico de Vigo e parte da súa xunta directiva quen lle detallou a "situación límite" pola que está a atravesar esta entidade deportiva. Caballo emprazou ao Porto a cooperar cunha institución que traballa a favor do deporte base da vela e achacou as dificulatades a "unha cadea de decisións inoportunas tomadas pola anterior presidenta do Porto nas que o alcalde sempre se abstivo como membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, matizou.
Descargar todas as imaxes