Escoitar

O Concello pon en funcionamento a fonte de As Travesas logo de impermeabilizala

O alcalde presenciou hoxe venres a posta en funcionamento da fonte de As Travesas que levaba parada desde finais do ano pasado. Os "complicados" traballos de impermeabilización ascenderon a 12.000 euros, segundo o rexedor.

venres, 31 mai 2013
1370013799fuente.JPG
A fonte de As Travesas volve estar funcionando e con auga unha vez rematados os "complicados" traballos de impermeabilización, que ascenderon a 12.000 euros. Tal e como lembrou o primeiro edil, a fonte estaba parada desde finais de ano porque filtraba auga polo vaso e polas paredes exteriores. Procedeuse a selar o vaso, ademais de arreglar a canalización de fontenería. Tal e como explicou Caballero, o autor da obra, Silveiro Rivas, foi informado sobre esta reforma.
Descargar todas as imaxes