O alcalde inaugurou a humanización de Enrique Lorenzo, na que o Concello investiu 667.000 euros
Caballero acudiu este xoves á inauguración oficial desta rúa despois de ser humanizada cun investimento total de 667.000 euros. O alcalde subliñou que, xunto á mellora en superficie, a reforma inclúe a renovación das redes de servizos, é dicir, as tuberías de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Segundo os datos ofrecidos polo alcalde ante os medios de comunicación, o goberno local adicou preto de 700.000 euros para a renovación dos case 400 metros de rúa e 5.500 metros cadrados de superficie.
Abel Caballero recordou que Enrique Lorenzo é un vial que levaba sen ser atendido 60 anos, o goberno local tiña moitas peticións para a súa humanización por ser "desastrosa no seu trazado, no seu saneamento e abastecemento". O alcalde quixo recoñecer aos veciños e veciñas que cooperaron co Concello cedendo parte dos seus terros para ampliar a beirarrúa, e singularmente citou á familia de Antonio Coello, actual subdelegado do Goberno na provincia.
O alcalde amosou a súa "satisfacción" polo resultado desta reforma e avanzou que "seguiremos traballando en Teis e en Vigo".
Descargar todas as imaxes