O alcalde asina un convenio de colaboración de 13.000 euros con Agarimo
A "Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo" recibirá 13.000 euros do Concello froito dun convenio de colaboración que esta mañá asinou a súa presidenta, Ana Gil Lodeiro, co alcalde de Vigo. Esta aportación ten por obxectivo axudar ao finanzamento dos gastos mantemento e as actividades que esta entidade organizará neste ano 2013.