Escoitar

O Concello organiza unha semana de actividades para conmemorar os días do Medioambiente e dos Océanos

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores a semana de actividades coa que o goberno local quere conmemorar o 5 e 8 de xuño, os días do Medioambiente e dos Océanos, respectivamente. O sábado ábrese o programa cunha xornada na praia da Fonte.

mércores, 29 mai 2013
1369828270chus.jpg
Este sábado dan comezo as actividades cunha xornada na praia da Fonte na que participarán voluntarios e está aberta a toda a cidadanía. Ofrecerase información sobre as plantas invasores e os sistemas dunares, como exemplo das funcións que desempeñan en Vigo os voluntarios medioambientais -preto de 600 persoas- ao longo de todo o ano.

Ese mesmo sábado haberá unha dobre edición do programa Vigo Camiño a Camiño. Por unha banda, 70 persoas partirán cara aos Ancares e, pola noite, será a quenda dun percorrido nocturno polo Galiñeiro. Ata o momento son 200 os inscritos para participar, mais o prazo para apuntarse continuará aberto ata o próximo venres.

O próximo 5 de xuño, o Día do Medioambiente, 500 escolares de terceiro e cuarto de Primaria da cidade acudirán ao Vao para aprender a importancia do entorno natural, segundo explicou Chus Lago, e para coñecer os sistemas dunares. O Concello organiza asemade unha solta simbólica de estrelas de mar. A concelleira avanzou que a semana de actividades alongarase ata o próximo 8 de xuño, Día dos Océanos, e informará a próxima semana das accións previstas.
Descargar todas as imaxes