venres, 31 maio 2013

O alcalde eloxia a boa marcha do proxecto de instalación de ascensores en 11 edificios de Coia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres un dos edificiós que ven de estrenar ascensor, asi como outro que está a piques de ser rematado, na Avenida Castelao. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor interesouse pola boa marcha dun proxecto que afecta a 74 edificios deste barrio e que facilitará a mobilidade a uns 1.500 veciños.

ANUNCIO DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO<br />

CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN<br />

venres, 31 mai 2013

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 10/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no ámbito dos programas de apoio á inserción laboral, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 100 de 27 de maio de 2013.

ANUNCIO EMPREGO

CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"

venres, 31 mai 2013

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"as cales foron publicadas no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm 100 de 27 de maio de 2013 .

ANUNCIO Politica de Benestar

Campaña "DE BOA MAN"

venres, 31 mai 2013

A Concellaría de Politica de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XIII edición os vindeiros días 4,5,6 e 7 de xuño de 2013. O proxecto consiste na exposición e venta de productos feitos por dez asociacions de persoas con discapacidade. <br />