Escoitar

O Concello autoriza a ampliación das instalacións da automobilística Denso en Valladares

A Xerencia municipal de Urbanismo celebrada hoxe venres tomou coñecemento da licencia concedida á empresa filial de Toyota para ampliar as súas instalacións no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, onde emprega a unhas 220 persoas. Urbanismo tamén concedeu 19.600 euros de axudas á rehabilitación de 19 vivendas nos Casco Vello.

venres, 31 mai 2013
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo, celebrada na mañá deste venres na súa sesión ordinaria, deu conta da licencia concedida a Denso, filial de Toyota, para ampliar as instalacións que ten a empresa de componentes da automoción no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

Denso emprega a unhas 220 persoas na súa factoría viguesa, que se dedica á fabricación de sistemas de climatización e calefacción de vehículos para marcas como PSA Peugeot Citroën, Renault e General Motors (Opel). O permiso urbanístico concedido á empresa amplía a superficie total de actividade aos 19.000 metros cadrados.

A da factoría automobilística é unha das 14 licencias de obra e 5 de actividade que pasaron pola sesión de hoxe da Xerencia de Urbanismo, autorizacións para investimentos por valor de 2,2 millóns de euros. Outro dos permisos concedidos foi para o proxecto básico e de execución das obras de reestructuración da edificación de Príncipe 21, onde o Concello obriga ao mantemento das lareiras e da fachada.

A Xerencia de Urbanismo tamén acordou a concesión de 19.600 euros de axudas á rehabilitación de 19 viviendas no Casco Vello vigués.

Obra ilegal
Urbanismo declarou ilegal a ampliación das naves construída na rúa Villa Grande de Bembrive para aparcamento de autobuses e almacenamento de chatarra, obra acometida sen a preceptiva licencia polo que ordeou a súa demolición, que terán que acometer en dous meses. A actividade da empresa Autocares Álvarez Vázquez nestes terreos terá que cesar definitivamente ao carecer de permiso, por estar en solo rural. Esta compañía xa non opera nesta parroquia viguesa desde xaneiro.