Escoitar

Caballero anuncia o inicio da tramitación urxente da rehabilitación do antigo chalé Mirambell

O goberno local declarou este venres a urxencia na tramitación do expediente de contratación dos traballos para rehabilitar o chalé como centro de recepeción de visitantes ao xacemento arqueolóxico de Toralla. O Concello agarda ao tempo o ditame da Xunta de Galicia sobre os restos romanos alí atopados.

venres, 31 mai 2013
O alcalde explicou que, paralelamente, o goberno que preside tamén solicitou do Ministerio de Cultura unha prórroga dos prazos previstos para a contratación desta obra para así non perder a subvención que achega o Goberno de España ao efecto e poder realizar as excavacións pertinentes.

O proxecto aprobado, tal e como informou Caballero, conta cun orzamento de 885.000 euros, adicados á rehabilitación do chalé Mirambell, á urbanización do entorno, ao proxecto museográfico e para o equipo técnico da obra.