Escoitar
ANUNCIO EMPREGO

CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"as cales foron publicadas no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm 100 de 27 de maio de 2013 .

venres, 31 mai 2013
OBXECTO:
Podrán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuáis e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2012 e o 31 de marzo 2013 e que cumpra os requisitos establecidos nas bases como:

Ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo.

Estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial (como mínimo o 50% do capital social da empresa debe pertencer a persoas en situación de desemprego).

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes contarase a partir do día seguinte a súa publicación no BOP e rematará 1 mes despois desta data (27 de xuño).

As solicitudes presentaranse, segundo modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, ao "Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas".

INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Tfno.:986810232 ; correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org

As bases reguladoras das axudas e os anexos a presentar, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado e na súa páxina web: www.vigo.org.