O goberno local licita a obra de derrubamento do antigo Restaurante El Castillo
Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local acordou este venres aprobar o expediente de contratación das obras de derrubamento do edificio do antigo Restaurante El Castillo, polo que autoriza un gasto de 240.000 euros. O obxectivo do Concello é liberar e revalorizar a muralla do Castro.
O proxecto, explicou o alcalde, suporá o derrubo do restaurante anexo á fortaleza do Castro, declarada Ben de Interese Cultural. A situación actual do inmoble, erixido na década dos 50, é de ruina. O alcalde adiantou que a execución desta obra será "a finais de ano", co obxectivo de iniciar 2014 coa muralla descuberta e revalorizada.
O texto propón o derrubamento completo da totalidade da edificación existente e da terraza exterior, a desmontaxe da varanda existente no perímetro do recinto amurallado inferior así como todos os elementos construtivos engadidos á muralla que non forman parte da construción orixinal.
O derrubamento realizarase de arriba abaixo, tal e como explicou Caballero, e cun sistema de protección da muralla. O proxecto de urbanización exterior inclúe o axardinamento nos dous accesos laterais e na superficie que agora ocupa o edificio e un camiño de jabre que conecte a escaleira de acceso á parte superior do recinto amurallado co Paseo Rosalía de Castro.