Caballero saudou ao piloto vigués Alberto Meira, vixente campión do Rali Rías Baixas
O piloto de Valladares Alberto Meira e o seu copiloto, David Vázquez, visitaron hoxe xoves a Praza do Rei co vehículo co que competirán este ano no Rali Rías Baixas. Coa súa vitoria en 2012, Meira converteuse no primeiro vigués en gañar este evento do motor desde 1991.
O vigués -patrocinado polo Concello- chega ao Rías Baixas como vixente campión e como segundo clasificado no Campionato de España sobre asfalto, un piloto que atesoura no seu palmarés dous subcampionatos galegos, un campionato da Copa Clio Galicia en 2004 e dous títulos galegos en Grupo N, no 2004 e no 2009.
Descargar todas as imaxes