luns, 27 mai 2013
Na sesión plenaria deste luns, o goberno local aprobou en solitario -coa oposición do BNG e a abstención do PP- a amortización extraordinaria de 16,7 millóns de euros correspondentes a créditos bancarios concertados en 2011 e 2012, unha operación que permitirá aforrar un millón de euros en xuros que o Concello destinará a fins sociais, educativos e de emprego.
luns, 27 mai 2013
A Corporación municipal de Vigo aprobou este luns unha declaración institucional de solidariedade cos traballadores de Pescanova e apoio ás eventuais mobilizacións que decidan levar a cabo en defensa dos seus empregos. O Pleno tamén reclamou á Xunta que adopte medidas para manter a galeguidade e os postos de traballo da multinacional.
luns, 27 mai 2013
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou este luns no Pleno da Corporación que o Concello de Vigo paga as súas facturas nunha media de 34 días, cando a Xunta de Galicia o fai en 69, a Deputación en 70 e o Goberno de España en 78 días.
luns, 27 mai 2013
BNG, PSOE e PP acordaron hoxe luns demandar da Fundación Novacaixagalicia información detallada sobre as súas propiedades, actividades e postos de traballo. O obxectivo é constituír unha fronte común na defensa do Patrimonio da Fundación en Vigo.
luns, 27 mai 2013
PSOE e BNG coincidiron na sesión plenario de hoxe luns no apoio dunha moción que insta á Consellería de Traballo e Benestar Social a adicar políticas activas de emprego na cidade de Vigo, tendo en conta a súa poboación e o número de desempregados. O texto socialista solicita a retirada do teito fixado nos plans de cooperación
luns, 27 mai 2013
O Partido Popular presentou hoxe luns unha moción na que solicita que se recupere a celebración do Día da Muñeira, unha petición que atopou o respaldo do resto dos grupos políticos.
luns, 27 mai 2013
Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unha conferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro. Neste caso, a conferencia está organizada dende o Servizo De Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no contexto das actividades programadas ao redor do Día das Letras Galegas.
luns, 27 mai 2013
O martes, 28 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" entrevista a Antía Cal, mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.Realiza a entrevista María José del Río.<br />