Escoitar

O goberno local concede 100.000 euros para a rehabilitación de 13 vivendas nos cascos históricos

A Xerencia de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á concesión de 100.000 euros para rehabilitar seis vivendas no Casco Vello e outras sete en Bouzas, nun total de 10 edificios. Por outra banda, a sesión tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o Plan Director de Acuicultura Litoral de Galicia.

venres, 24 mai 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos principais asuntos abordados no Consello da Xerencia municipal de Urbanismo celebrada esta mañá, entre os que destacou a concesión de 100.000 euros en axudas á rehabilitación de 13 viviendas das zonas históricas da cidade, seis no Casco Vello e sete en Bouzas, correspondentes a dez edificios en total.

Por outra banda, Caballero referiuse ao informe elaborado polos técnicos municipais de Urbanismo sobre o Plan Director de Acuicultura Litoral de Galicia, que foi remitido á Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia.

No devandito texto, os técnicos indican que o PDAL ordena os cultivos de especies de auga salada en terra, polo que afectas ás competencias urbanísticas municipais do Concello. Conclúen os funcionarios da Xerencia non se xustifica nin é compatible co PXOM a posibilidade que abre o Plan Director de instalar actividade acuícola en Teis, Candeán, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns. Segundo apuntou Caballero, estos espazos están catalogados no Plan Xeral como solo rústico de protección.

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo tamén deu conta da concesión de 23 licenzas de obra e outras 5 de actividade para un investimento total de 2,9 millóns de euros, afirmou o alcalde.