Escoitar

Caballero clausura un curso de Labs Fundación Telefónica no Instituto Santo Tomé de Freixeiro

A área de Vigo foi elexida entre outras catro cidades de España para levar a cabo a primeira edición desta experiencia. Participan tamén centros de ensino de Reino Unido, Irlanda, Alemania, República Checa e Eslovaquia.

xoves, 23 mai 2013
1369324767telefonica.JPG
O alcalde de Vigo clausurou hoxe xoves o curso de Labs Fundación Telefónica, organizado en colaboración co Instituto vigués Santo Tomé de Freixeiro. Alumnos deste centro, de 16 e 17 anos, foron formados por voluntarios de Telefónica no diseño, desenvovemento e presentación dun proxecto de empresa dixital.

Caballero, que estivo acompañado polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso e polo director de coordinación Territorial de Fundación telefónica, Juan Cruz, asistiu á presentación dos proxectos ideados polos 35 alumnos do IES Santo Tomé de Freixeiro que participaron nesta primeira edición de Labs Fundación Telefónica, desenvolvida en cinco cidades españolas e outros cinco países europeos (Reino Unido, Irlanda, Alemania, República Checa e Eslovaquia).
Descargar todas as imaxes