Escoitar

Mil atletas participarán o sábado na primeira edición da carreira nocturna de Correndo por Vigo

O barrio de As Travesas acollerá o sábado a partir das 22,00 horas a primeira carreira nocturna Correndo por Vigo, de 10 kilómetros. Xa son mil os inscritos nunha proba "novidosa" que desde este ano se incorpora ao circuito atlético da cidade.

mércores, 22 mai 2013
1369222703deporte.jpg
O concelleiro de Deportes presentou hoxe mércores en rolda de prensa a primeira edición da carreira nocturna Correndo por Vigo, acompañado por organizadores e patrocinadores. Un total de 1.000 atletas participarán o sábado 25 de maio, a partir das 22,00 horas, nun evento deportivo "novidoso" no que xa hai mil inscritos que terán que percorrer 10 kilómetros polas rúas do barrio de As Travesas.

Esta carreira, apuntou o edil, xa forma parte do calendario atlético de Vigo, que cada vez conta con máis probas e máis participantes. Concretamente, nesta edición, aumentou o número de mulleres inscritas ata as 200, o que supón o 20% dos corredores.

Antes de saír desde o Mercado de As Travesas, os atletas e o público poderá disfrutar da actuación en directo do grupo La Mafia e, unha vez rematada a proba, os participantes poderán disfrutar dun aperitivo, cortesía dos patrocinadores.
Descargar todas as imaxes