As hortas urbanas municipais adáptanse á persoas con mobilidade reducida
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, deu conta hoxe martes da instalación das primeiras mesas de traballo -na horta urbana de Pedro Alvarado- adaptadas á persoas con mobilidade reducida. Trátase dixo, dun novo impulso, nun proxecto no que xa participan preto de 400 vigueses.
Preto de 400 persoas cultivan as 3 hortas urbanas en marcha na actualidade ás que se vai sumar antes de rematar este mes a de Navia. Tal como indicou en rolda de prensa a edil de Medio Ambiente, Chus Lago, este proxecto ven de recibir un novo impulso coa posta en marcha de das primeiras mesas de traballo en Pedro Alvarado, o que facilita a incorporación de persoas con mobilidade reducida. Concretamente, xa hai colocadas oito e outras tres, están a piques de entrar en funcionamento. Navia, detallou, tamén vai contar con outras seis mesas de 2,80 por 1,60 pensadas tamén para persoas maiores. Ademais, esta horta está dotada dun baño adaptado.
Desde que o Concello puxo en marcha esta novedosa iniciativa, no outono psasado, algo máis de 400 vigueses e viguesas asistiron aos cursos formativos que se impartiron en Vigozoo e na Casa da Xuventude para traballar na horta de Camelias, Fontáns (Ramón Nieto) ou Pedro Alvarado (Teis). A primeira, a máis pequena, conta con 50 metros cadrados, a de Ramón Nieto ronda os 3.000 metros cadrados, a de Teis achégase aos 2.000 metros cadrados, mentres que a de Navia, supera os 3.500 metros cadrados e, tal e como avanzou a concelleira de Medio Ambiente, esta mesma semana se vai chamar aos primeiros 40 inscritos -dun total de 177- para empezar a traballar na primeira fase desta horta.
Descargar todas as imaxes