Escoitar

Caballero reclama "que non caia no olvido" a Alta Velocidade entre Oporto e Vigo

Despois da apertura do II Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal, o alcalde afirmou que "non pode caer no olvido" unha liña de AVE que daría servizo a un área de 7 millóns de habitantes e conectaría Oporto e Madrid a través de Vigo.

luns, 20 mai 2013
1369050408congreso.JPG
Abel Caballero participou na inauguración do devandito evento, onde recoñeceu o traballo dos enxeñeiros e a súa "contribución histórica á mellora e modernización do país".

O alcalde amosou a súa "satisfacción" polo avance das obras da nova depuradora de Vigo, "unha das grandes obras de enxeñería" en Europa, e reclamou "que non caia no olvido" a Alta Velocidade entre Oporto, Vigo e Madrid, que daría servizo e conexión con Madrid a un área, a Eurorrexión, de 7 millóns de habitantes.
Descargar todas as imaxes