O Concello aporta 656.039 para financiar o comedor, as actividades extraescolares e as aulas matinais dos centros públicos
O goberno local incrementou en 183.000 euros a subvención que reciben as Foanpas para sufragar gastos de comedor, actividades extraescolares e aulas matinais. En total, o importe da achega é de 656.039,31 euros.
As Foanpas de Vigo recibirán do Concello 656.039,31 euros para sufragar gastos de comedor, actividades extraescolares e aulas matinais. Segundo se recolle no convenio asinado hoxe xoves, esta partida aumentou en 183.000 euros para "suplir os recortes da Xunta de Galicia", recoñeceu o rexedor en rolda de prensa.
Foanpas aglutina a 52 anpas de centros públicos de Vigo e financia as actividades extraescolares de 9.000 alumnos, ademais de xestionar o servizo de comedor en 30 centros, atendendo a 2.320 alumnos de infantil e primaria.
Segundo explicou o rexedor, o orzamento total para bolsas de libro e comedor ascende este ano a 1,6 millóns de euros, o que supón un incremento dun 25% respecto do ano pasado, no que se beneficiaron 3.813 estudantes de Vigo. Estas cifras, en verbas do rexedor, avalan "unha política social sen precedentes en Galicia e en España".
Descargar todas as imaxes