xoves, 16 mai 2013
O goberno local incrementou en 183.000 euros a subvención que reciben as Foanpas para sufragar gastos de comedor, actividades extraescolares e aulas matinais. En total, o importe da achega é de 656.039,31 euros.
xoves, 16 mai 2013
O alcalde de Vigo fixo este xoves unha visita ás dependencias da Policía Local para coñecer a nova aula de formación dos axentes e outras melloras realizadas, por exemplo nos vestiarios. A nova sala triplica as prazas dispoñibles e permitirá a realización este ano de 27 cursos de formación, especialización e actualización.
xoves, 16 mai 2013
O alcalde de Vigo resaltou hoxe xoves que o Concello de Vigo aporta máis recursos a AFAN que Xunta, Deputación e Parlamento de Galicia xuntas. Así o apuntou durante unha rolda de prensa na que tamén sinalou que a subvención municipal pasou de 22.000 euros no 2012, a 55.000 euros este ano, o que supón un incremento dun 120%.
xoves, 16 mai 2013
"Se así o deciden, o Concello está disposto a cooperar con autobuses na ida a Valladolid". Así o asegurou este xoves Abel Caballero ante os medios, despois de ter ofrecido en días atrás ás peñas do RC Celta este desprazamento. "Seguimos dispostos a apoiar as peñas", apuntou o alcalde.
xoves, 16 mai 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na rolda de presentación deste evento, que se celebrará o 19 de maio ás 11 horas, con saída e chegada na Praza do Rei. Os participantes donarán un euro por cada dorsal e todos os fondos irán destinados as actividades de UNICEF en favor dos dereitos da infancia.
xoves, 16 mai 2013
O pavillón municipal de As Travesas acollerá mañá venres a XVI Festa do Patín, con case 2.000 participantes e 104 grupos de patinadores. Caballero felicitou aos organizadores "porque o seu traballo é exepcional, unha mostra de Vigo e de súa afección ao deporte".
xoves, 16 mai 2013
Abel Caballero indicou este xoves que o goberno local ven de editar unha tirada de 7.000 exemplares para o seu reparto entre o alumnado de Secundaria dos centros públicos da cidade e fará o mesmo cos estudantes dos concertados. O alcalde visitou hoxe o IES Castelao, que celebran o Día das Letras Galegas e o 150 aniversario da publicación en Vigo da obra de Rosalía de Castro.
xoves, 16 mai 2013
O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto.
xoves, 16 mai 2013
Con motivo do Día Internacional do Museo a Concellería de Cultura e Festas amplía o horario de apertura dos seus tres centros museísticos (Verbum-Casa das Palabras, Museo "Quiñones de León" de Castrelos e Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego") o sábado 18 e o domingo 19 de maio, de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h; ademais, contarán cun programa de visitas guiadas ás 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h, cunha duración aproximada de 40 minutos. En total, serán dous grupos por cada hora, para un máximo de 30 persoas cada un deles, por orde de chegada.<br />
<br />
xoves, 16 mai 2013
A Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, no seu desexo de contribuír ao desenvolvemento da artesanía e co obxectivo de apoiar e promocionar o traballo do colectivo artesán, brinda un espazo no C.A.T. (Centro de Artesanía Tradicional) para expor os traballos seleccionados a través desta convocatoria. Este proxecto, bautizado co nome de "O Escaparate", ofrece un espazo expositivo nas instalacións do C.A.T. (Subida ao Castelo, 10), de xeito que o traballo deste colectivo chegue a un maior número de público.
xoves, 16 mai 2013
A Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, entre os días 20 e 26 de maio, ambos inclusive, debido aos necesarios labores de tratamento de control preventivo-curativo contra xilofagos, levados a cabo polo servizo de Control de Pragas do Concello de Vigo e en coordinación coa dirección da citada biblioteca dependente da Xunta de Galicia. O luns 27, a biblioteca xa funcionará con normalidade.