Caballero visitou a nova sala de formación da Policía Local, na que o Concello investiu 46.000 euros
O alcalde de Vigo fixo este xoves unha visita ás dependencias da Policía Local para coñecer a nova aula de formación dos axentes e outras melloras realizadas, por exemplo nos vestiarios. A nova sala triplica as prazas dispoñibles e permitirá a realización este ano de 27 cursos de formación, especialización e actualización.
Abel Caballero informou que a sala contaba cun espazo insuficiente para 34 axentes e tras a mellora a cifra ascende a 104 prazas na bancada máis catro na mesa, o que fai posible que todos os efectivos de turno poidan atender ás ordes xerais, ademais das específicas das súas seccións.
O uso principal da sala será de formación, unha área na que a Policía Local de Vigo é referencial a nivel galego. Nesta nova sala se imparten cursos de formación básica, especialización e actualización de coñecementos, 210 cursos desde o ano 2005. Para este ano, a nova aula acollerá 566 horas docentes repartidos en 27 cursos, cunha media de tres para cada axente.
Este novo espazo habilitado, tras un investimento do goberno de Vigo de 46.000 euros, tamén actuará de sede do primeiro Curso de Acoso en Redes Sociais e Ámbito Educativo, que terá lugar na primeira semana de xuño organizado polo Sindicato Unificado de Policía.
Descargar todas as imaxes