Escoitar

O alcalde avanza que, se o deciden as peñas, o Concello porá buses para apoiar ao Celta en Valladolid

"Se así o deciden, o Concello está disposto a cooperar con autobuses na ida a Valladolid". Así o asegurou este xoves Abel Caballero ante os medios, despois de ter ofrecido en días atrás ás peñas do RC Celta este desprazamento. "Seguimos dispostos a apoiar as peñas", apuntou o alcalde.

xoves, 16 mai 2013
Abel Caballero afirmou este xoves que "estamos en contacto" coa Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo e adiantou que, "se así o deciden, o Concello está disposto a cooperar con autobuses na ida a Valladolid". "Polo Concello non vai ser", concluíu Caballero, quen deixou a decisión nas mans dos afeccionados.