Escoitar

Celebración do Día Internacional do Museo 2013

Con motivo do Día Internacional do Museo a Concellería de Cultura e Festas amplía o horario de apertura dos seus tres centros museísticos (Verbum-Casa das Palabras, Museo "Quiñones de León" de Castrelos e Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego") o sábado 18 e o domingo 19 de maio, de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h; ademais, contarán cun programa de visitas guiadas ás 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h, cunha duración aproximada de 40 minutos. En total, serán dous grupos por cada hora, para un máximo de 30 persoas cada un deles, por orde de chegada.<br /> <br />

xoves, 16 mai 2013
1368701206dim2013.jpg
Dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos de todo o mundo a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. Nesta edición, 2013 o DIM ten como lema "Museos (memoria+creatividade)=progreso social".

Por este motivo, a Concellería de Cultura e Festas amplía o horario de apertura dos seus tres centros museísticos (Verbum-Casa das Palabras, Museo "Quiñones de León" de Castrelos e Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego") o sábado 18 e o domingo 19 de maio, de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h; ademais, contarán cun programa de visitas guiadas ás 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h, cunha duración aproximada de 40 minutos. En total, serán dous grupos por cada hora, para un máximo de 30 persoas cada un deles, por orde de chegada.

Por outra banda, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo ofrecerá ás súas visitas guiadas que terán como eixo a función do museo na actualidade, o seu papel na educación non formal, como acolledor da identidade, ao tempo que importante vencello interxeracional.

Por último, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial o venres 17 (Día das Letras Galegas), sábado 18 e domingo 19 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que se mostran en salas. Xunto ás visitas guiadas ás exposicións, a programación do DIM 2013 no MARCO inclúe talleres infantís para público familiar, concertos de música de cámara en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Vigo, e a presentación da performance ‘Lampíricos’, do creador galego Antón Lopo. Ademais, a tenda-libraría Rescrómica ofrecerá no vestíbulo principal libros e catálogos a prezos especiais.

Descargar todas as imaxes