Escoitar

2ª convocatoria para presentación de traballos artesáns dirixidos ao CAT "O ESCAPARATE"

A Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, no seu desexo de contribuír ao desenvolvemento da artesanía e co obxectivo de apoiar e promocionar o traballo do colectivo artesán, brinda un espazo no C.A.T. (Centro de Artesanía Tradicional) para expor os traballos seleccionados a través desta convocatoria. Este proxecto, bautizado co nome de "O Escaparate", ofrece un espazo expositivo nas instalacións do C.A.T. (Subida ao Castelo, 10), de xeito que o traballo deste colectivo chegue a un maior número de público.

xoves, 16 mai 2013
1368699933cat.jpg
Interiores do CAT
Para participar ábrese esta convocatoria na que serán seleccionados os traballos que reúnan as condicións necesarias para a súa exposición. Os artesáns interesados, terán que enviar, ata o 31 de maio, un dossier onde se recolla a súa traxectoria e onde se mostre o traballo que realizan. Unha vez seleccionados por un comité formado por técnicos, os traballos artesáns serán expostos durante o 3º trimestre deste ano nos espazos habilitados no C.A.T. para este cometido.

Valorarase a innovación tendo en conta a tradición, a materia prima, a creatividade e a funcionalidade das pezas. A escolla do comité seleccionador farase pública na páxina web do Museo Liste-Etnográfico de Vigo: www.museoliste.org

A documentación presentarase no propio museo (r/ Pastora, 22), en horario de martes a sábado: de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h, ou no enderezo electrónico: recepcion@museoliste.org. As persoas interesadas deberán presentar:

- DNI
- Dossier informativo da súa produción cunha descrición breve das pezas e a intención que implican (ficha técnica das pezas).
- Documentación fotográfica ou en pdf da peza ou pezas presentadas.
Descargar todas as imaxes