Escoitar

Caballero adianta que a humanización de Camelias inclúe sistemas eficientes de iluminación e rego

O alcalde de Vigo participou este mércores na colocación simbólica da primeira pedra da humanización da Avenida das Camelias, na que "prácticamente ninguén actuou" desde a súa apertura hai medio século. Caballero avanzou que a reforma incluirá sistemas de regulación automática da luz e do rego.

mércores, 15 mai 2013
1368634872camelias.JPG
O alcalde de Vigo salientou que "a humanización desta rúa é un símbolo desta cidade", pois desde que foi feita a comezos dos anos sesenta "prácticamente ninguén actuou" na súa mellora e, polo tanto, as conduccións soterradas de servizos como a auga suman medio século de antiguidade.

Xunto á mellora da superficie, o Concello de Vigo renovará as canalizacións de abastecemento, saneamento, pluviais e cableado, máis dun quilómetro de novas tuberías so no primeiro tramo da reforma, que comeza hoxe entre Álvaro Cunqueiro e á altura da rúa Ourense.

Segundo detallou Caballero, os puntos de luz da rúa incorporarán sistemas para medir a intensidade lumínica natural e optimizar así o gasto enerxético. Un método similar se empregará co rego, pois detectará a humidade para non empregar auga cando chova.

A humanización de toda a Avenida presenta un orzamento de 6,5 millóns de euros, máis de quilómetro e medio de reforma na que "non se pode tocar nin un so camelio, ao revés, imos plantar unha ducia de árbores máis", tal e como asegurou o alcalde.
Descargar todas as imaxes