Caballero eloxia o traballo de APAMP na súa visita ao novo centro da entidade en Navia
O alcalde de Vigo visitou este martes o centro que a Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral ten en Navia. Abel Caballero salientou o traballo que realiza APAMP e indicou que esta sede está chamada a converterse no gran centro do sur de Galicia para os usuarios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os concelleiros de Parques e Xardíns e Política de Benestar, Ángel Rivas e Isaura Abelairas respectivamente, visitaron este martes o novo centro da Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) no barrio de Navia.
A nova sede da Asociación en Navia -cunha superficie total de 4.000 metros cadrados- presenta dous corpos unidos por unha pasarela-terraza que acollerá un Centro de Día e Tratamentos por un lado, que agardan abrilo nos próximos meses, e unha Residencia no espazo contiguo.
De recente creación, as novas instalacións de APAMP en Navia ofrecen 32 prazas na Residencia, 40 no Centro de Día e outras 45 no Centro de Tratamentos. A entidade dispón doutro Centro Residencial nas Camelias, con servizos de residencia e respiro familiar, e do Centro Miguel Hernández, que inclúe un Centro de Día e outro Ocupacional para un total de 60 persoas.
Abel Caballero amosouse "encantado" coa visita a unhas "instalacións moi ben deseñadas". Trátase do "mellor que podía suceder", afirmou, para a atencion dos usuarios. O centro de Navia está chamado a converterse na sede referencial do sur de Galicia para as familias e persoas con parálise cerebral.
Descargar todas as imaxes