Escoitar

Entrevista a Carmen Segurana dentro do ciclo "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas"

O martes, 14 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" Entrevista a Carmen Segurana, sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres. Realiza a entrevista: María Xosé Porteiro<br />

luns, 13 mai 2013
1368435858carmensegurana.jpg
Carmen Segurana (Valencia, 1935) naceu no medio da guerra civil española. Unha irmá máis vella, militante de Mulleres Antifascistas e do PC, houbo de fuxir tras a guerra. Un irmán, aviador da República, foi enviado a un campo de concentración en Arxelia. Unha cuarta irmá e os seus pais morreron ao pouco de rematar a guerra. Carmen, cunha irmá xemelga, foron acollidas en Madrid por outra familia comunista amiga. Chegou a Vigo en 1969, xa como militante do Movemento Democrático de Mulleres. Entrou a traballar en Censa coa misión de organizar nesta importante empresa o MDM. No ámbito sindical, tocoulle crear conciencia e defender os sectores máis marxinais do mundo do traballo. Premio Ernestina Otero 2013
Descargar todas as imaxes