O novo centro veciñal que constrúe o Concello na Miñoca estará rematado en 15 meses
O alcalde, Abel Caballero, asistiu este venres ao acto de colocación da primeira pedra do futuro centro veciñal na rúa Fotógrafo Luis Ksado, que edifica o goberno de Vigo cun orzamento de 875.000 euros. O novo equipamento sociocultural contará con catro aulas para cursos e unha zona para usos múltiples.
Xunto a distintos membros do goberno local, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres ao acto de colocación da primeira pedra do novo centro veciñal que edifica o Concello para o barrio da Miñoca, na rúa Fotógrafo Luis Ksado.
Segundo a información ofrecida por Caballero durante o acto, o Concello de Vigo adica 875.000 euros para erixir este novo equipamento sociocultural municipal e o prazo estimado de duración da obra é de 15 meses.
O proxecto municipal plantea un edificio na planta baixa, en contacto coa praza pública exterior, encaixado na aba, con dúas fachadas contrapuestas: a dianteira acristalada e a traseira pechada. O novo centro terá vestíbulo de acceso, espazo para a administración, unha zona de usos múltiples, catro aulas para cursos, aseos, almacéns...
O alcalde amosouse "satisfeito" polo inicio da obra, por tratarse dun barrio "moi habitado" que contaba con "moitos espazos públicos" e que agorá tamén terá "un ámbito social público" para os veciños. A nivel urbanístico, a obra ven "cubrir unha importante laguna arquitectónica" na zona.
Abel Caballero subliñou que esta edificación se constrúe "cando outros municipios pelexan por non pechar as portas dos seus concellos pola crise", recordando que as finanzas de Vigo son as máis saneadas das grandes cidades españolas de réxime común. "Cando outros recortan", apuntou o alcalde, o Concello de Vigo inicia unha obra de ámbito social na cidade.
Descargar todas as imaxes