venres, 10 maio 2013
B A N D O

REQUISITOS PARA A CONCESION DE AUTORIZACION PARA O DISPARO OU QUEIMA DE MATERIAL PIROTÉCNICO (MENOS DE 50 KG.) DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE V I G O

venres, 10 mai 2013

Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.

B A N D O

NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DA NOITE DA SAN XOAN

venres, 10 mai 2013

As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. (achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación ca indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).

B A N D O

SUSPENSIÓN DA EXPEDICIÓN DE PERMISOS DE QUEIMAS

venres, 10 mai 2013

Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.<br />