Escoitar

Caballero eloxia a valentía do avogado Roberto González Pastoriza no descubrimento dunha placa co seu nome nun edificio da rúa Progreso

"É para min hoxe un privilexio descubrir esta praca dun grande defensor da liberdade". Con estas verbas referíase Caballero ao acto de homenaxe ao avogado Roberto González Pastoriza, quen desde hoxe xoves conta cun recoñecemento público na vivenda que ocupou na rúa Progreso, esquina con Pracer. Durante o acto, o alcalde louvou a figura deste xurista represaliado polo seu compromiso coa democracia e as liberdades.

xoves, 9 mai 2013
1368100243placa.jpg
Abel Caballero eloxiou hoxe xoves a figura do avogado Roberto González Pastoriza, membro da Irmandade Xurídica Galega e "un gran defensor da libertade". Durante o acto de descubrimento dunha praza no edificio no que viviu este xurista vigués, destacou que o seu empeño na "a favor da democracia, defendendo a Emilio Martínez Garrido ou Enrique Heraclio Botana. "Nese momento, había que ter un inmenso valor para defender a estes demócratas, porque xa era motivo de prisión", de feito, proseguiu, esta defensa lle valiu ser respresaliado.

Caballero abogou por que todo Vigo coñeza o inmenso valor de González Pastoriza, "gran defensor de Galicia, do galeguismo e da lei". Rematou reiterando o apoio e felicitación do Concello a este homenaxe "é para min hoxe un privilexio descubrir esta praca dun grande defensor da libertade" indicou. A vivenda que ocupou este avogado está na rúa Progreso, esquina con Pracer.

O alcalde quixo amosar o seu "recoñecemento a unha persoa que tivo o inmenso valor, nos duros momentos da represión fascista do ano 36, de defender ao entón alcalde, Martínez Garrido, aos deputados Botana e Bilbatúa, asasinados vilmente polo fascismo".
Descargar todas as imaxes