Escoitar

A Alcaldía acolle a arte fotográfica de tres novos creadores

Unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que leva a novos e recoñecidos artistas vigueses ás depedencias da Alcaldía, foi inaugurada este mércores polo alcalde de Vigo. Patricia Larrea, Juan Teixeira e David Muíños amosan os seus traballos, de temáticas variadas, mais unidos pola fotografía.

mércores, 8 mai 2013
1368017900mostrarte.JPG
A fotografía como medio de expresión artística é o elemento en común do traballo de Patricia Larrea, Juan Teixeira e David Muíños, pola contra alonxados nas súas temáticas. Desde este mércores e durante as próximas semanas, estes tres novos creadores amosan parte da súa obra nas dependencias da Alcaldía do Concello de Vigo, unha nova edición de Mostrarte inaugurada hoxe polo alcalde, Abel Caballero, xunto a outros membros da Corporación Municipal de Vigo.
Descargar todas as imaxes