Unha campaña do Concello revela que o 86% das cadeiras para menores nos coches cumpren a normativa
O concelleiro de Seguridade, Carlos Font, fixo balance dunha campaña informativa realizada pola Policía Local en 229 vehículos, que evidencia que o 14% do total non cumprían coa norma legal aplicable aos Sistemas de Retención Infantil (SRI). O edil invitou a centros escolares e asociacións a solicitar un curso informativo que ofrece o Concello ao respecto.