xoves, 9 mai 2013
O alcalde presentou este xoves o último encontro da fase regular da Liga de Fútbol Indoor, un RC Celta-Real Valladolid decisivo para as aspiracións locais de xogar os cuartos de final, contra o Real Madrid. O Celta precisa alomenos un punto contra o Valladolid, encontro que se xoga o venres, as 20:45 horas, con entradas a dous euros.
xoves, 9 mai 2013
Abel Caballero participou este xoves na inauguración do sexto Congreso Internacional da "Asociación de Jóvenes Empresarios", tras o que defendeu "apoialos na súa tarega de facer empresa e innovación, de presente e de futuro". O alcalde comprometeu o apoio municipal á entidade: "estamos cooperando con eles".
xoves, 9 mai 2013
Normalización Lingüística programa para a vindeira semana duas actividades:obradoiro de Escrita creativa, impartido polo escritor Francisco Castro no Instituto Municipal de Educación e Videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño no Auditorio municipal da praza do Rei.
xoves, 9 mai 2013
O vindeiro venres 10 de maio inaugurarase na Fundación Laxeiro (3º andar da Casa das Artes, r/ Policarpo Sanz, 15), coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, a exposición "Espiñas coroadas", do artista Lito Portela (Moaña, 1958), que amosa a súa reflexión sobre a natureza, as persoas e o estranamento destas ante o mundo que nos rodea e nos acolle.
Biblioteca da EMAO, venres 10 de maio ás 19:00 horas
xoves, 9 mai 2013
Dentro das actividades complementarias da Exposición Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués, que se exhibe, ata o día 6 de xuño, na sala de exposicións (Espazo EMAO) da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Beatriz De San Ildefonso, conservadora da Museo de Pontevedra e especialista en pintura galega contemporánea, impartirá a conferencia titulada "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal: as claves da súa pintura". O acto terá lugar na Biblioteca da Escola de Artes o venres 10 de maio ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.<br />