Escoitar

Obradoiro de escrita creativa e videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño

Normalización Lingüística programa para a vindeira semana duas actividades:obradoiro de Escrita creativa, impartido polo escritor Francisco Castro no Instituto Municipal de Educación e Videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño no Auditorio municipal da praza do Rei.

xoves, 9 mai 2013
1368098335bolano.jpg
Roberto Vidal Bolaño
b]Obradoiro de Escrita creativa{/b], impartido polo escritor Francisco Castro

Luns 20 e martes 21 de maio de 17:00 a 19:00 h, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)

Obradoiro concibido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa. As persoas asistentes terán a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras...
Escribiranse poemas, relatos, contos... sempre partindo de actividades moi sorprendentes.
Para participar é preciso anotarse chamando ao SNL do Concello ao número 986 81 02 81 entre as 9:00 e as 14:00 h

Videofórum sobre Roberto Vidal Bolaño, moderado pola actriz Uxía Blanco
Martes 21 e xoves 23 de maio, no Auditorio municipal da praza do Rei
19:00 h: apertura de portas
19:15 h: inicio: presentación da obra/vida de Vidal Bolaño
19:30 h: proxección película (114 min) (de balde)
21:30 h: coloquio
Descargar todas as imaxes