Escoitar

O Plan Saúde prestou servizos a 17.516 usuarios desde a súa implantación no 2008

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, explicou esta mañá que o 6% da poboación de Vigo utilizou nalgún momento algún dos servizos do Plan Saúde, no que se inclúe o Camiño a camiño. Desde 2008, un total de 17.516 usuarios formaron parte dos programas de actividade física, das charlas divulgativas ou de medicións antropométricas, algunhas das iniciativas impulsadas desde este plan municipal.

mércores, 8 mai 2013
1368091018chus.jpg
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo balance do Plan Saúde, un programa destiñado a previr as enfermidades cardivasculares para todo tipo de públicos. Desde o ano 2008, 17.516 vigueses, un 6% da poboación, participou nalgunha das actividades ofertadas neste programa, do que tamén forma parte o Camiño a Camiño, cuns 6.000 participantes desde a súa posta en marcha. Chus Lago resaltou o incremento de público tanto nos programas de actividade física, como nas charlas divulgativas ou nas medicións antropométricas. Concretamente, detallou, que no ano 2008 (arrancou no mes de outubro), participaron 202 usuarios; no 2009, 1.373, en 2010, 2.743; no 2011: 1,127; no 2012, 4.573, e no que vai de 2013, 945 persoas, "unha cifra moi importante tendo en conta que o groso destas actividades dase no verán".

Tal e como explicou, desde as concellerías de Sanidade e Xuventude, se veñen ofertando programas de actividade física a diferentes tipos de usuarios en espazos públicos como poden ser os parques biosaludables ou as praias. Tamén organizan charlas divulgativas sobre hábitos nutricionais e de actividade física, así como medicións antropométricas. Neste caso, evalúanse os parámetros de peso, altura, tensión arterial, índice de masa corporal, porcentaxes grasos e, a continuación, os usuarios reciben asesoramiento gratuito en materia nutricional e de actividade física. Segundo os datos da edil, desde 2008 o total de usuarios en programas de actividade física saudable foi de 4.661; os asistentes a charlas foron 1.288, os participantes en obradoiros de cociña saudable, 790; e uns 500 os que recibiron terapia asistida. Por último, o número de vigueses que se achegou a facerse unha medición antropométrica elevouse a 4.227. Neste apartado, especifiou que o 65% dos usuarios é maior de 35 anos e un 76% son mulleres. Respecto dos resultados, recalcou que non se poden extrapolar a Vigo senón só aos usuarios do programa que, por regla xeral, son persoas con exceso de peso. Explicou que o 72% ten un peso por riba do recomendado, so un 3%, tería baixo peso e un 25% estaría nun peso normal.

A edil socialista destacou que por primeira vez en 2012 organizáronse sesións prácticas de primeiros auxilios en todos os centros de Xuventude (Casa da Xuventude, Vigosónico e Súbete ao Castro), cunha demanda "altísima", xa que se cubre o 100% de prazas ofertadas en todas as actividades. Nesta liña, avanzou que o curso que vén comezará un programa de formación gratuito en primeiros auxilios para alumnos de 3º e 4º da ESO dos centros públicos.
Descargar todas as imaxes