Escoitar

O Concello aporta 454.000 euros para financiar entidades sociais, culturais e veciñais

O alcalde de Vigo deu conta hoxe martes da aprobación de 454.000 euros para cooperar co mantemento de distintas asociacións da cidade de "acción social". Entre outras, deu conta da achega dun primeiro pago de 151.000 euros á Fundación MARCO, ou de 30.000 euros para os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres.

martes, 7 mai 2013
1367927792caballero.JPG
O Concello de Vigo aprobou un gasto de 454.000 euros destiñados a financiar e manter a actividade de distintos colectivos da cidade. Concretamente, detallou o rexedor, 63.000 euros servirán para acometer obras en varias asociacións de veciños, mentres que 357.000 euros están dirixidos, entre outros, ao primeiro pago da Fundación MARCO, 151.000 euros; ao Club xuvenil Teis, 20.000 euros; aos Hermanos de los Enfermos Pobres, 30.000 euros (o 50% da subvención municipal total), ao Fondo Galego de Cooperación, 54.000 euros, e Vida Digna, que recibiu 27.000 euros.

Por outra banda, engadiu o rexedor, destacan 14.000 euros para axudas á creación de emprego e outros 20.000 para axudas de emerxencia social. "Nos últimos días asinamos case medio millón de euros de pagos para acción social", asegurou Caballero, quen apuntou que "somos o concello de España que temos máis dedicación a política social en relación coa poboación", por ser esta cuestión "central na política municipal".

Periodos de pago
En segundo lugar, Abel Caballero comparou Vigo co prazo medio de pago a proveedores en distintas administracións públicas, quedando o Concello como "a institución que paga máis rápido de toda España".

Segundo expuxo o alcalde, Vigo abona as facturas aos proveedores nunha media de 34 días, mentres que a Xunta de Galicia paga en 60 días, Euskadi en 49, Navarra en 52 días, A Rioja en 55, Catalunya en 168 e a Valencia en 167 días. A media dos municipios españois sitúase en 80 días.
Descargar todas as imaxes