O Concello habilita unha nova rampa de acceso á praia para discapacitados nas zona de dunas de Samil
O alcalde fixo balance hoxe luns dos traballos realizados para a posta en marcha da temporada de praias, que xa comezou. De feito, hoxe mesmo mantivo un encontro con parte dos operarios que van velar durante seis meses polo bo estado dos arenais e os seus accesos.
Abel Caballero recibiu hoxe luns na Alcaldía aos 17 traballadores que durante os próximos 6 meses se incorporan ao equipo de mantemento dos arenais de Vigo. Nunha rolda de prensa posterior, o alcalde avanzou que a partir deste momento, cando xa comezou o periodo de verán, as praias son xa "obxectivo central". Entre as obras que se acometeron nesta posta a punto, o rexedor destacou unha rampa de acceso á praia na parte final do paseo, na zona das dunas na que xa funciona un aparcamento para discapacitados. Deste xeito, estes usuarios non terán que desprazarse ata a metade do paseo como ata o de agora para baixar ao arenal. Tal e como explicou, o paseo xa se desvía por un camiño de terra polo medio do pinar, bordeando a duna. Ademais, houbo que reparar parte do muro do paseo marítimo, dañado polo temporal do inverno.
O pasado venres 3 de maio, a Xunta de Goberno local acordou o nomeamento interino de 17 traballadores para a limpeza de praias e os seus accesos, por un periodo máximo de 6 meses.
Descargar todas as imaxes
O pasado venres 3 de maio, a Xunta de Goberno local acordou o nomeamento interino de 17 traballadores para a limpeza de praias e os seus accesos, por un periodo máximo de 6 meses.